O sindicato CESM denuncia que se vacinou a 200 traballadores sen relación directa con pacientes covid na área sanitaria
Por Redacción
A delegación de CESM (Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia) eleva a 200 profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra o número de persoas ás que a Xerencia da área Sanitaria de Pontevedra - O Salnés decidiu priorizar a vacinación. Este sindicato afirma que se trata de persoal que non ten contacto directo con pacientes con covid-19.
O sindicato médico acusa á Dirección da área Sanitaria de incumprir as instrucións remitidas pola Xerencia do SERGAS para a aplicación do Plan de Vacinación. Sinalan que o equipo xestor de Pontevedra-O Salnés decidiu priorizar a inmunización do persoal de servizos como Admisión central, Informática, Cociña, persoal de laboratorios centrais, persoal administrativo de Dirección, técnicos de saúde, médicos en situación de IT¨ou persoal noutras actividades non asistenciais. En total serían 150 dose.
Desde CESM afirman que o problema é que se deixou de inmunizar ao persoal que está de forma permanente en contacto con pacientes, potencialmente enfermos ou transmisores da infección, aínda que non fosen diagnosticados como sospeitosos de risco.
Estas mesmas queixas, segundo o sindicato, tamén chegaron polo Hospital privado Quirón de Pontevedra ao vacinar a 80 traballadores, estimándose que polo menos 50 deles non estaban no grupo de primeira liña. Esta situación, sinalan, provoca graves discriminacións respecto a os profesionais dos hospitais públicos do SERGAS.
Esta central sindical ha enviado un escrito ao Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña en que reclama que se tomen medidas inmediatas para resolver esta situación e se dote da vacina aos traballadores que se atopan en risco.
Sinalan que deberán dirimirse responsabilidades ante os tribunais porque o plan de vacinas paralizouse o 19 de febreiro sen notificación de que se renove proximamente. Denuncian a falta de transparencia por parte da Xerencia de José Ramón Gómez ao anunciar un erro de só 17 traballadores non prioritarios vacinados e reprochan ao presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo que non comprobase se estes datos eran reais.
Reclaman un expediente informativo sobre a situación para depurar responsabilidades e que se achegue aos sindicatos unha listaxe do persoal vacinado que está en primeira liña de contacto co covid-19 e outro cos que están pendentes desta vacina.
O sindicato estuda a posibilidade de recorrer aos tribunais se se rexistran contaxios no persoal prioritario que se atopa sen vacinar ata que chegue novas doses.
Relacionadas:
-
A área sanitaria alcanza os 1.818 pacientes con infección activa de coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Usuarios do Hospital Provincial alertan de aglomeracións no espazo para realizar analíticas
Por Redacción |
-
A polémica pola escasa vacinación dos celadores chega ao Parlamento galego
Por Redacción |
-
Protesta dos celadores ao quedar fóra das vacinacións para sanitarios que traballan en primeira liña
Por Redacción |
-
Dezasete persoas vacináronse "por un erro" en Pontevedra sen cumprir os requisitos de Sanidade
Por Alejandro Espiño |