Vilagarcía adxudica o proxecto de restauración da antiga casa do concello
Por Redacción
O executivo de Vilagarcía adxudica o proxecto de mantemento e conservación do edificio histórico do Concello á empresa Bespi por un importe total de 36.500 euros e un prazo máximo de execución de 4 meses.
As obras afectarán tanto o interior como ao exterior deste inmoble construído no 1889 e que consistirán en arranxos e pequenos traballos de acondicionamento estétido de fachadas, paredes, chans, teitos, portas e calefactores. O financiamento do proxecto realízase con fondos propios e cunha subvención provincial para a rehabilitación do patrimonio histórico.
O edificio orixinal do consistorio vilagarcián é un proxecto do arquitecto Domingo Sesmeros construído a finais do século XIX. Ao longo dos anos sufriu varias modificacións, aínda que mantén a súa estética orixinal. O edifico está no catálogo municipal de bens a protexer.
A actuación prevé o pintado do exterior e interior do inmoble, así como o saneamento dos chans de madeira e a restauración dos vellos radiadores.