O PP de Vilaboa alerta do risco de derrube do muro do cemiterio de San Adrián

Por Redacción
O muro de contención do cemiterio de San Adrián, en Vilaboa, ameaza con virse abaixo. É a advertencia que lanzou o portavoz municipal do Partido Popular, Alberto Acuña, despois de visitar o lugar e recibir as queixas dos veciños, que protestan pola falta de mantemento.
Alertan os populares de que este muro de grandes dimensións presenta síntomas dunha grave deterioración pola auga que se filtra e que deixa grandes cantidades de terra na escaleira de subida e á N-554.
Desde a oposición xa presentaron por rexistro esta fin de semana unha solicitude para os técnicos municipais avalíen esta construción e estuden posibles actuacións para evitar o seu colapso.