O Concello de Marín achaca o déficit do 2019 ao atraso na recepción de investimentos e subvencións
Por Redacción
O último pleno celebrado no Concello de Marín serviu para aprobar a Conta Xeral do 2019, un documento que mostra "unha moi boa xestión económica", presumiu o concelleiro de Facenda, Manuel Santos.
Baséanse no goberno local no alto grao de execución do orzamento, na xeración de crédito con cargo ao remanente de tesourería ou a execución dun gran número de pequenas obras e mellora de servizos. Ademais, o Concello conseguiu cumprir co teito de gasto e a regra de endebedamento, polo que está saneado no que concierne a débedas con bancos ou provedores.
Ademais, durante o 2019 lograron reunir un remanente de 2,6 millóns de euros para continuar investindo na mellora do municipio. Unha cifra que, segundo indica o edil, podería ser maior se outras administracións chegasen a ingresar ese ano o importe de investimentos e subvencións que quedaron pendentes e que provocaron que a conta xeral do 2019 se pechara con déficit.
Conclúe Santos Costa que o Concello, partindo do mesmo orzamento, foi capaz de "aumentar os salarios do persoal, os servizos que se prestan e os investimentos que se executan sen subir taxas nin impostos, conxelados desde hai moitos anos".
Relacionadas:
-
Once anos cos impostos conxelados en Marín
Por Redacción |
-
A liquidación do 2020 de Marín péchase con cero endebedamento e un remanente de máis de 4 millóns de euros
Por Redacción |
-
O PSOE alerta de que Marín pechou o exercicio 2019 cun déficit de 3,2 millóns de euros entre ingresos e gastos
Por Redacción |
-
María Ramallo renuncia á súa acta no Congreso para centrar a súa atención en Marín
Por Oskar Viéitez |