Un aparatoso accidente en Caldas acaba cun coche na cuneta
Por Redacción
Aparatosa saída de vía ocorrida á primeira hora deste luns, 25 de xaneiro, na N-640 ao seu paso por Caldas. A condutora dun turismo perdía o control do vehículo e, despois de chocar contra o gardarraíl e pasarlle por encima, acabou na cuneta.
O suceso produciuse ao redor das 8 horas desta mañá nas inmediacións da gasolineira da localidade de Godos. A condutora, aínda que estaba consciente, tivo que ser trasladada ao hospital por unha ambulancia.
As circunstancias que produciron o accidente, a cuxo lugar se desprazaron efectivos de diversos corpos de emerxencias, entre eles voluntarios de Protección Civil de Caldas; aínda se descoñecen, aínda que a choiva desta mañá e o asfalto mollado poden ter parte de responsabilidade no sinistro.
Para retirar o vehículo da cuneta foi necesaria a intervención dun guindastre.