A Fiscalía admite que carece de probas directas contra o policía vilagarcián acusado de suborno
Por Oskar Viéitez
Coa lectura dos informes finais por parte da Fiscalía e do avogado da defensa concluíu o xuízo contra o policía local de Vilagarcía acusado de suborno. A fiscal admitiu que "no tenemos pruebas directas" contra o acusado, Marcial D. F., con todo mantén os cargos contra el e a petición de condena de catro anos e medio de prisión e nove de inhabilitación. O letrado da defensa reclama a libre absolución para o seu cliente.
Mañá mércores a maxistrada da Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra entregará aos membros do xurado o obxecto do veredicto cunha serie de cuestións para que fundamenten e resolvan se a acusación está probada ou non e que emitan un fallo sobre a culpabilidade do procesado.
A fiscal recoñeceu diante do tribunal popular que se atopou cunha "dificultad enorme" para argumentar a súa tese debido a que a testemuña principal neste caso de suborno "ha venido al juicio a mentir descaradamente" xa que, segundo a representante do Ministerio Público, este home, "después de denunciar con todo lujo de detalles", e ratificar despois no xulgado de instrución a súa declaración, "ahora viene y con la mayor desfachatez del mundo dice que no se acuerda".
"Ahora viene y con la mayor desfachatez del mundo dice que no se acuerda", dixo a fiscal sobre a testemuña
A fiscal destacou que un perito sostivo durante a vista oral que esta testemuña "no tiene ningún problema que pueda justificar esta amnesia" polo que ela entende que dixo que non se acordaba "por medo".
Diante desta falta de probas directas a fiscal admitiu ao xurado que "nos vemos obligados a acudir a hechos relacionados o periféricos" como son que o acusado fixo a proba de alcoholemia, que asinou un atestado que non chega ao xulgado e tampouco estaba no rexistro de saída da comisaría de Vilagarcía onde existía un "descontrol total" na xestión dos asuntos que se tramitaban, motivo polo que a Policía Nacional abriu unha investigación.
A partir de aquí a fiscal sostén que a desaparición do atestado "fue algo deliberado por parte del acusado" e estende as súas sospeitas cara a dúas chamadas con "justificación absurda" que se cruzaron o axente acusado e a testemuña principal.
A fiscal pregúntase: "¿qué sentido tendría que denunciase un soborno si esto no hubiera sucedido?", para concluír engadindo que "por desgracia no tenemos más pruebas, pero el acusado ha dejado rastros y contamos con lo mínimo suficiente para demostrar que hubo un soborno".
"La fiscal no tiene ni el más mínimo elemento probatorio", alega o avogado defensor
O letrado da defensa insistiu en que "a fiscal non ten nin o máis mínimo elemento probatorio", cualificou esta causa como "un cúmulo de despropósitos" e subliñou que a testemuña principal antes de declarar na Audiencia de Pontevedra que non lembraba os feitos deste proceso "en el juzgado de Vilagarcía ya había dicho lo mismo, en los mismos términos, que no se acordaba de nada".
Fronte á hipótese do suposto medo por parte desta testemuña o avogado defensor apuntou outra posibilidade "también pudo ser porque la conciencia le impedía continuar con una mentira" afirmando que "mi cliente no es la persona que nos intenta hacer creer la fiscal en base a suposiciones".
Finalmente o acusado fixo uso do seu dereito á última palabra para dirixirse ao xurado popular e desculparse pola vehemencia coa que declarou na vista oral e xustificar que "levo 7 anos con isto. Póñanse tres minutos na miña situación. Pídolles desculpas se me excedín".
A presidenta do tribulan tívolle que chamar a atención por estenderse no seu discurso, valorar a proba e tratar de facer unha alegación, polo que o acusado engadiu "Que fago eu con isto, pegarme un tiro? Eu non podo máis, non me van a crer o que levo pasando"
Relacionadas:
-
Absolven o policía de Vilagarcía acusado de suborno e declarado "non culpable" polo xurado
Por Natalia Puga |
-
O xurado declara non culpable ao policía de Vilagarcía acusado de suborno
Por Natalia Puga |
-
A mala memoria da testemuña principal cambalea un xuízo contra un policía acusado de suborno
Por Natalia Puga |