As autoridades estarán "moi vixiantes" cos peches perimetrais e as limitacións á hostalería e ao comercio
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu este martes unha nova reunión por videoconferencia do centro de coordinación provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vinculados á actual situación sanitaria.
Larriba subliñou que o encontro serviu para tratar varias cuestións para clarificar sobre as novas medidas e sobre a actuación para realizar polas forzas e corpos de seguridade do Estado.
Ao encontro asistiron o tenente coronel e xefe accidental da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Manuel Touceda, o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Carlos Valcárcel, a comisaria provincial do Corpo Nacional de Policía en Pontevedra, Estíbaliz Palma, o inspector xefe da Policía Autonómica, Diego Gonález, a inspectora xefa UPA-Vigo, Sheila González, e o xefe territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Ramón Pereiro.
A subdelegada subliñou que as novas restricións van supoñer un maior esforzo para estes organismos, pero como sempre "van cumprir ao máximo nivel para que as novas medidas sexan efectivas desde ou primeiro minuto colaborando coa autoridade sanitaria galega".
Con todo, alertou á poboación para que saiban que a Garda Civil e a Policía Nacional van estar moi vixiantes nos peches perimetrais, ao peche da hostalería e ás limitacións para o comercio non esencial.
Ao mesmo tempo, Larriba facilitou os datos dos operativos policiais comprendidos entre o día 21 ata o 25 deste mes de xaneiro. Neste período foron realizados 688 dispositivos de vixilancia, nos cales se controlou a 8.386 persoas e foron 295 as sancións impostas.
No que respecta a os controis dos diferentes pasos fronteirizos da provincia, levaron a cabo 36 dispositivos móbiles, no que se identificaron a 688 persoas, inspeccionáronse 507 vehículos e impuxéronse 15 sancións.
"De nada van servir as restricións e limitacións ou o traballo da Garda Civil e da Policía Nacional se nos mesmos non somos capaces de respectar as normas pola nosa propia seguridade", declarou Larriba.
Relacionadas:
-
Destacan o "comportamento exemplar" dos pontevedreses ao cumprir de forma masiva as restricións fronte á covid-19
Por Redacción |
-
As autoridades destacan o "efecto" da covid-19 no aumento de estafas por internet e de malos tratos
Por Redacción |
-
Multas en Poio por saltarse o peche perimetral para ir ao Centro Comercial A Barca
Por Oskar Viéitez |
-
O peche adiantado, un novo cravo para o cadaleito do comercio local
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Primeira visita institucional do novo subdelegado de Defensa á Subdelegación do Goberno
Por Mónica Patxot |
-
A Subdelegación do Goberno reparte neste mes outras 180.000 máscaras na provincia
Por Redacción |