Un sumidoiro no Marco leva unha década vertendo fecais ao río Gafos cada vez que chove
Por Oskar Viéitez
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) ven de denunciar unha nova vertedura de augas fecais no río Pintos.
Na mañá deste xoves, varias persoas usuarias do sendeiro do Gafos puideron observar esta vertedura que tiña a súa orixe nun sumidoiro existente na canle ao desbordar por mor dun importante volume de auga de choiva. Isto "fai pensar na inexistencia nese punto da necesaria separación de augas fecais e pluviais", apuntan dende o colectivo ecoloxista.
O sumidoiro en cuestión, está situado na canle do río Pintos, nas inmediacións do Marco e a escasos metros do punto onde se produce a confluencia entre o amentado Pintos e o río Tomeza, e non é a primeira vez que ocorre unha situación semellante; moi ao contrario, esta situación vense producindo hai anos e foi denunciada en numerosas ocasións polo colectivo Vaipolorío e pola APDR, "sen que de momento se teña arranxado".
Desde a APDR chaman a atención dos responsables municipais para que, "dunha vez por todas se poña solución a este problema", e se acometa "unha verdadeira e eficaz separación das augas fecais e pluviais e se deseñen debidamente as instalacións de saneamento".
Relacionadas:
-
Nova vertedura no río Gafos detectada por Vaipolorío
Por Redacción |
-
Na APDR aseguran estar "cansos" de denunciar verteduras no Gafos tras detectar un novo caso
Por Redacción |
-
Zafarrancho de limpeza nos ríos Gafos, Tomeza e Couso
Por Redacción |
-
Pídenlle ao Concello recuperar os xardíns da Delegación de Sanidade
Por Redacción |
-
Nova vertedura de augas fecais ao río Gafos
Por Manu Otero |
-
Centos de peixes morren no río Gafos debido á vertedura causada pola obstrución dun sumidoiro
Por Anxo Lourido |
-
Denuncian a pasividade das administracións coas verteduras de fecais ao río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío denuncia a recorrente vertedura ao río Gafos en Tomeza
Por Oskar Viéitez |