Tres novos falecementos en Montecelo por covid, nunha xornada onde Sanidade notifica 40 mortes en Galicia
Por Redacción
Xa son 115 as vítimas do coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés desde que se toman datos das mortes provocadas pola pandemia. Este luns 1 de febreiro, a Consellería de Sanidade notificaba a morte doutros tres pacientes do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP).
A primeira vítima rexistrábase este domingo 31. Trátase dun home de 68 anos que falecía no Hospital Montecelo. Este luns producíanse outras dúas mortes no mesmo centro hospitalario, unha muller de 88 anos e un home de 81. Os tres, segundo o Servizo Galego de Saúde, contaban con enfermidades previas no seu historial clínico.
1815 VÍTIMAS POR COVID DESDE O INICIO DA PANDEMIA EN GALICIA
Nesta xornada, Sanidade notificou o deceso de 40 persoas en Galicia. Trátase de mortes que se rexistraron desde o venres 29 de xaneiro ata este luns 1 de febreiro, pero que ata este inicio de semana non foron confirmadas como consecuencia da enfermidade do coronavirus.
O día 29 falecía unha muller de 87 anos no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; outra muller de 91 anos en CEGADI, procedente da residencia San José de Arzúa; un home de 83 anos no Hospital Universitario de Santiago e un home de 75 anos no Hospital Quirón da Coruña.
Na xornada do 30 de xaneiro perdían a vida dous homes, de 80 e 87 anos, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; outros dous, de 83 e 90, no Hospital de Santiago; unha muller de 65 e un home de 80 no Complexo Hospitalario da Coruña; tres mulleres na residencia DomusVi de Carballo e outra muller de 93 anos na DomusVi de Bande.
O domingo 31 foi unha xornada dramática con 17 vítimas en Galicia. Ademais do home de Montecelo, morría unha muller de 93 anos no Hospital Povisa de Vigo, procedente da residencia Las Angélicas da cidade olívica; un home de 84 e unha muller de 93 no Hospital Álvaro Cunqueiro; un home de 74 e unha muller de 70 no Hospital de Santiago; catro homes, de 70, 74, 77 e 89, ademais dunha muller de 78 anos no Hospital da Coruña; unha muller de 74 e dous homes de 89, un deles procedente da residencia O Casón de Moeche, no Complexo Hospitalario de Ferrol; unha muller de tan só 46 anos na residencia para persoas con discapacidade Pai Menni de Betanzos; e, por último, unha muller de 78 e un home de 85 na residencia DomusVi de Carballo.
Outras nove persoas perdían a vida este luns, segundo Sanidade, aos dous casos de Pontevedra súmase unha muller de 92 anos en Santiago; unha muller de 77 na residencia para persoas con discapacidade Pai Menni de Betanzos; un home de 63 e unha muller de 89 no Complexo Hospitalario de Ferrol; procedentes ambos da residencia DomusVi Laraxe de Cabanas; un home de 84 anos no Hospital Comarcal de Verín; unha muller de 80 no Hospital de Verín procedente da residencia de Vilardevós e un home de 55 anos no Complexo Hospitalario de Ourense.
As 40 vítimas, que se engaden ás xa cuantificadas durante a fin de semana, contaban con patoloxías previas, segundo o SERGAS. Galicia alcanza a cifra de 1.815 mortes en toda a comunidade desde que se rexistran as perdas ocasionadas por esta enfermidade.
Relacionadas:
-
Dúas vítimas máis na área sanitaria por covid-19, dous homes de 74 e 86 anos en Montecelo e O Salnés
Por Redacción |
-
Os contaxios repuntan en Poio e Vilagarcía mentres se estabilizan en Pontevedra e Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
Os casos activos por covid-19 triplicáronse na área sanitaria desde o Nadal
Por Alejandro Espiño |
-
Xaneiro, o mes con máis mortos pola covid-19 de toda a pandemia
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- Preto do 80% da veciñanza de Poio convocada polo Sergas acudiu ao cribado
Por Oskar Viéitez |
-
Os hospitais da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, "moi preto do abismo" pola covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Denuncian oito persoas que facían botellón na rúa Tablada incumprindo as medidas anti covid-19
Por Natalia Puga |
-
Dous homes no Hospital do Salnés e outro en Montecelo elevan a 112 os falecementos por covid-19 na área sanitaria
Por Redacción |
-
Os hospitalizados por covid-19 crecen a 161, 31 na UCI, nunha xornada con 119 novos contaxios
Por Alejandro Espiño |