O BNG aplaude a proposta do Concello de Marín de facer un centro de lecer para a mocidade
Por Oskar Viéitez
O BNG de Marín aplaude o anuncio da alcaldesa María Ramallo dun proxecto para a creación dun Centro de Lecer Xuvenil no local municipal do antigo Liceo Casino, pero critica a "improvisación" do Goberno local.
En primeiro lugar, no Bloque considera "moi positiva a creación dun local destinado ao lecer para a mocidade", máis por outra banda "sorpréndenos a postura absolutamente contraditoria do Goberno local" e a súa "absoluta falta de proxecto para o noso Concello e a xestión a base de ocorrencias coa que nos ten acostumados e acostumadas nestes últimos 10 anos".
O BNG de Marín lembra que en xuño do 2018 presentou unha moción instando ao Goberno Municipal a dar os pasos necesarios para dotar ao concello de Marín dunha Casa da Xuventude e daquela o PP rexeitou a proposta.
Finalmente o BNG lamenta que a alcaldesa anunciase unha idea sen prazos de execución, "e isto cando aínda non se coñece realmente a data de inicio das obras do tan anunciado Auditorio Municipal" polo que piden "seriedade e coherencia" ao Goberno local.
Relacionadas:
-
Aprobado o proxecto para remodelar o antigo Liceo Casino e convertelo nun centro de lecer xuvenil
Por Oskar Viéitez |
-
Marín presenta o proxecto do novo Centro de Ocio Xuvenil
Por Redacción |
-
Queren crear un espazo de novas tecnoloxías para adolescentes no local do antigo Liceo Casino
Por Redacción |
-
Último adeus ao Liceo Casino de Marín coa entrega da sede ao Concello
Por Redacción |