Mollabao Sí! solicita unha serie de melloras de accesibilidade ao proxecto de reforma de Rosalía de Castro
Por Redacción
Tanto o concelleiro de Obras Demetrio Gómez como Juan Saenz-Dez Malvar, representante veciñal da asociación Mollabao Si!, consideran positivo o encontro telemático mantido durante as últimas horas para analizar o proxecto de reforma da rúa Rosalía de Castro, que nunha parte importante afecta o barrio de Mollavao.
Segundo manifestaba este mércores demetrio Gómez, o colectivo veciñal realizou algunhas achegas ao proxecto elaborado polos técnicos, entre elas solicitaron solicita que a zona verde prevista nese punto se eleve ata o nivel da rúa Rosalía de Castro e que na marxe de enfronte se amplíe a beirarrúa cubrindo o regacho que hai a carón.
Saenz-Diez Malvar tamén pedía a inclusión neste proxecto da reforma de todas as rúas perpendiculares a Rosalía de Castro. Demetrio Gómez indica que está prevista a reordenación da rúa Simón Bolívar ata a Casa do Mar e que neste proxecto, en principio, non se contemplan actuacións adicionais. O concelleiro lembraba que, en todo caso, esta iniciativa céntrase na reforma da rúa Rosalía de Castro e non de todo o barrio.
Pola súa banda, a través de redes sociais, o colectivo veciñal considera que é un proxecto "moi interesante e que vai cambiar en gran medida o aspecto do noso barrio".
Tras esta toma de contacto inicial esperan volver manter un novo encontro para achegar novas suxerencias que melloren este proxecto e Mollabao Si! anima á veciñanza a trasladar propostas para presentarllas ao Concello de Pontevedra. Lembran que a reforma non chegará nesta fase a "todos os recunchos" do barrio pero esas melloras obteranse máis adiante. Solicitan que as persoas que queiran realizar achegas envíenas a mollabaosi@gmail.com
Relacionadas:
-
A agrupación veciñal Mollabao Sí! aplaude a reforma do barrio e propón algunhas melloras
Por Oskar Viéitez |
-
Asemblea veciñal telemática para presentar a reforma da rúa Rosalía de Castro
Por Redacción |
-
Así será a nova Rosalía de Castro, a 'peza clave' da reforma urbana de Mollavao
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra abre expediente a Audasa polo estado da ponte da AP-9 en Mollavao
Por Alejandro Espiño |
-
A ponte da AP-9 sobre Mollavao cae a cachos
Por Redacción |
-
O novo vial de Mollavao licitarase "canto antes" e prevese construír en 2021
Por Alejandro Espiño |