Un total de 131 centros educativos da área sanitaria teñen casos activos de covid-19: 532 e 26 aulas pechadas
Por Natalia Puga
Un total de 131 centros educativos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés teñen nestes momentos casos activos de covid-19. Entre todos, suman 532 positivos e mantéñense pechadas 26 aulas. Os datos, que figuran no balance oficial diario de incidencia da covid-19 facilitado pola Consellería de Sanidade este venres, supón que hai 13 positivos entre alumnado, profesorado e outro persoal e cinco aulas pechadas máis en tan só un día.
Segundo a listaxe oficial de datos, deses 131 centros afectados, 12 son escolas infantís. Nesta etapa educativa súmanse 15 casos activos e hai unha aula pechada.
En concreto, teñen casos activos este venres a escola infantil Pequenecos de Cuntis, a Unitaria de Forcarei, a Casa do Mar de Marín, a municipal de Meaño, dúas de Poio (a escola infantil Poio e Trastes), tres en Pontevedra (A Parda, Campolongo e Chiquis), Querubines de Ribadumia, O Revel de Sanxenxo e a municipal de Vilagarcía de Arousa.
Os 119 centros restantes afectados son de ensino infantil, primaria e secundaria, que suman 517 positivos en total
Na Illa de Arousa hai tres centros que suman cinco positivos: CEIP da Torre- Illa, CPR Sonrisas y Lágrimas s e o instituto da Illa de Arousa.
En Barro tan só hai un caso no instituto.
En Bueu hai un total de seis casos repartidos en dous centros: CEIP Plurilingüe A Pedra e IES Johan Carballeira.
En Caldas de Reis un total de cinco centros suman 16 positivos e teñen tres aulas pechadas: CPI Plurilingüe Alfonso VII, CPR Plurilingüe A Encarnación, CPR Plurilingüe San Fermín, CRA de Caldas de Reis e IES Plurilingüe Aquis Celenis.
En Cambados hai sete centros educativos que suman 14 positivos e ten unha aula pechada: CEIP Plurilingüe de Castrelo, CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro, CEIP San Tomé, CEP Antonio Magariños Pastoriza, CPR Salesianos A Mercé e os institutos Francisco Asorey e Ramón Cabanillas.
En Campo Lameiro hai dous casos no CEIP Pedro Antonio Cerviño.
En Catoira hai un caso no CPI Progreso.
En Cuntis seis casos e tres aulas pechadas no CPI Aurelio Marcelino Rey García
En Forcarei hai 14 casos e unha aula pechada en tres centros: CEIP de Soutelo de Montes, CEIP Nosa Señora das Dores e IES Chano Piñeiro.
En Marín os colexios afectados son 7 e suman 26 casos activos e 1 aula pechada: CEIP da Laxe, CEIP do Carballal, CPR Plurilingüe La Inmaculada, CPR Plurilingüe San Narciso, EEI O Grupo e os IES Chan do Monte e Illa de Tambo.
En Meaño hai un positivo nun centro, o CEIP Plurilingüe de Meaño- As Covas
En Meis hai 7 nun único centro: CPI de Mosteiro-Meis.
En Moraña tamén hai un único centro afectado, o CPI Plurilingüe Santa Lucía, con 3 casos activos.
No Grove hai 4 centros afectados que suman 5 positivos: CEIP Valle-Inclán, CPR Nosa Señora do Carmen, IES Monte da Vila e IES Plurilingüe As Bizocas.
En Poio o total de centros afectados é 7 e suman 51 positivos e 1 aula pechada: CEIP de Espedregada, CEIP de Lourido, CEIP de Viñas, CEIP Plurilingüe de Chancelas, CEIP Plurilingüe Isidora Riestra, CPR Sek-Atlántico e IES de Poio.
En Ponte Caldelas hai tres centros cun total de 7 positivos: CEIP Manuel Cordo Boullosa, CEIP Plurilingüe A Reigosa e IES de Ponte Caldelas.
En Pontevedra o total de centros con algún caso é de 38, que suman 187 positivos e 5 aulas pechadas. Entre eles están a escola oficial de idiomas e oito institutos: A Xunqueira I, A Xunqueira II, Frei Martín Sarmiento, Gonzalo Torrente Ballester, Luís Seoane, Montecelo, Sánchez Cantón e Valle-Inclán.
O resto son colexios de infantil e primaria: CEE Pontevedra, CEIP A Carballeira, CEIP A Xunqueira 1, CEIP A Xunqueira 2, CEIP Álvarez Limeses, CEIP de Marcón, CEIP de Parada-Campañó, CEIP de Ponte Sampaio, CEIP de Vilaverde-Mourente, CEIP Plurilingüe Froebel, CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez, CEIP Praza de Barcelos, CEIP San Martiño, CEP Campolongo, CEP Marcos da Portela, CFEA de Lourizán, CIFP A Xunqueira, CIFP Carlos Oroza, CMUS Profesional Manuel Quiroga, CPR Los Sauces, CPR Plurilingüe Calasancio, CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de los Dolores, CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús, CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús, Placeres, CPR Salvador Moreno, CPR San José, EEI Concepción Crespo Rivas, EEI Fina Casalderrey, EPAPU Río Lérez.
En Portas hai cinco casos nun centro, o CPI Domingo Fontán.
En Ribadumia hai 6 casos en dous centros: CPI Julia Becerra Malvar e CRA de Ribadumia.
En Sanxenxo hai oito centros que suman 44 casos activos e 2 aulas pechadas: CEIP de Noalla-Telleiro, CEIP de Portonovo, CEIP Magaláns-Dorrón, CEIP Plurilingüe A Florida, CEIP Plurilingüe Cruceiro, CPR Plurilingüe Abrente e os IES de Sanxenxo e Vilalonga.
En Soutomaior hai tres centros que suman 37 casos activos e 2 aulas pechadas: CEIP Manuel Padín Truiteiro, CPR Santiago Apóstol e IES de Soutomaior.
En Vlaboa tan só ten positvos o CPI do Toural 4.
En Vilagarcía de Arousa hai 14 centros con 63 positivos e 4 aulas pechadas: CEE de Vilagarcía de Arousa, CEEPR Bata - Os Mecos, CEIP A Escardia, CEIP A Lomba, CEIP Arealonga, CEIP de Vilaxoán, CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro, CPR Plurilingüe Sagrada Familia, CPR Plurilingüe San Francisco, EEI Vagalume e os IES Armando Cotarelo Valledor, Castro Alobre, Fermín Bouza Brey e Miguel Ángel González Estévez.
En Vilanova de Arousa hai 4 centros con 6 casos activos: CEIP de San Roque, CEIP de Viñagrande-Deiro, CEIP Plurilingüe de San Bartolomé e IES A Basella.
Relacionadas:
-
Sanxenxo, Poio e Soutomaior mantéñense con máis de 1.000 de incidencia acumulada, barreira da que baixa Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A área sanitaria reduce os casos activos por primeira vez en catro semanas
Por Oskar Viéitez |
-
Estas son todas as farmacias da provincia participantes no cribado Covid-19
Por Oskar Viéitez |