O Concello intentará que a Xunta cumpra a súa promesa e constrúa o novo centro do Carlos Oroza
Por Redacción
A Consellería de Educación xa anunciou que non ten previsto construír un novo edificio para a Escola de Hostalaría Carlos Oroza. Desta forma, quedaría sen uso a parcela que o goberno local cedeu á Consellería para esta construción. Antón Louro, concelleiro de Urbanismo, sinala que van seguir insistindo para que a Consellería que lidera Xesús Vázquez acometa esta obra.
"O concelleiro de Educación esta traballando este tema con moito tino", afirmou Louro en relación ás negociacións emprendidas polo concelleiro Agustín Fernández. O goberno local cedera unha parcela na Avenida Juan Carlos I de case 10.000 metros cadrados que se non se leva a cabo o proxecto revertería ao Concello e "habería que recuperar ese chan para un destino escolar porque é unha zona nova moi habitada e dinámica" indicou o responsable de Urbanismo.
Non obstante, Louro insistiu en que seguirán premendo a Xunta: "Fai falta ese Instituto do Carlos Oroza? Si, fai falta. Aí coincide todo o mundo. A Xunta non pode afrontala agora pero, se cadra, pode facela en máis tempo. ÿ un debate que hai que manter vivo".