Poio prepárase para un entroido interactivo e desde casa
Por Redacción
Un entroido interactivo e seguro cunha aposta segura pola tradición, a gastronomía e o comercio local será a filosofía da programación alternativa que prepara o Concello de Poio para manter esta festa emblemática que, pola pandemia, non poderá levar a cabo cos eventos habituais.
A responsable de Cultura, Raquel Rodríguez, explicou este venres algunhas das citas en liña que se darán nas próximas semanas para celebrar o entroido. "Facemos un chamamento á cidadanía para que se impliquen co Entroido de Poio nas súas casas, cos seus convivintes, dun xeito seguro, á espera de que, se todo vai ben, poidamos retomar a programación habitual o ano que vén", aseverou.
O programa comezará o 12 de febreiro coa inauguración a cargo do chef Pepe Solla, que ensinará nun vídeo receitas para elaborar filloas que poderá seguirse a través da págica de Facebook de Poio Cultura.
Outro dos obxectivos do Concello é poñer en valor a figura do choqueiro, que conta cunha gran tradición no Entroido galego. Por iso a través das etiquetas #choqueirizate e #EntroidoPoio2021 animarán durante o 13 de febreiro á cidadanía para disfrazarse.
Ademais, a Asociación Empresarial EnPoio organiza un concurso virtual de disfraces ata o 14 de febreiro.
Relacionadas:
-
O concurso virtual de choqueiros e viúvas repartirá premios para gastar no comercio de Poio
Por Redacción |
-
O Galo Fodorico non faltará ao Entroido virtual de Poio
Por Redacción |
-
Concurso de disfraces dixital con 16 gañadores e 3000 euros en premios
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Poio queda sen Entroido, cancelado pola covid-19
Por Redacción |