Listaxe actualizada coas 347 farmacias da provincia que participarán no cribado de covid
Por Diego Espiño
O Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra confirmou finalmente cales serán as farmacias da provincia que participarán na campaña de cribado de covid que se iniciará o vindeiro martes 9 de febreiro.
Cabe lembrar que a data de posta en marcha xeral desta campaña, tras a proba piloto entre establecementos de Pontevedra e outros tres de Vigo, estaba prevista para o luns, pero foi posposta 24 horas ante a alta demanda de farmacias participantes. De feito ata última hora do sábado sumáronse algunhas farmacias máis, facendo un total de 347.
A listaxe completa de farmacias participantes pode consultarse nesta ligazón (VER LISTAXE).
Inicialmente a recollida de mostras diríxese á poboación de entre 40 e 65 anos, tal e como sinalou o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, nun cribado que pretende aumentar a capacidade de detección de casos de coronavirus, especialmente os posibles asintómaticos.
Relacionadas:
-
O programa de cribado nas farmacias xa deixou os primeiros positivos de covid-19
Por Natalia Puga |
-
Comeza o cribado en Caldas de Reis con test rápidos para detectar asintomáticos
Por Redacción |
-
Este martes comeza un cribado a 4.069 persoas na Escola Obradoiro de Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
Moraña volve exceder o limiar dos 1.000 de incidencia acumulada uníndose a Poio, Sanxenxo e Soutomaior
Por Redacción |
-
O alto número de farmacias adherido á campaña de cribados obriga a atrasar o seu inicio ao martes
Por Diego Espiño |
-
"Todos temos unha farmacia preto, é moi cómodo e unha boa forma de detectar asintomáticos"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Expectación polos cribados nas farmacias á espera da chegada dos kits
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
As farmacias de Pontevedra poñen en marcha un cribado poboacional pioneiro
Por Oskar Viéitez |