Este martes comeza un cribado a 4.069 persoas na Escola Obradoiro de Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa nas vindeiras datas no Concello de Caldas de Reis con novos cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos, cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de Covid 19 nesta localidade.
Este cribado voluntario terá lugar nas dependencias da Escola Obradoiro desta localidade durante as tardes desde o martes 9 de febreiro ata o vindeiro venres 12 de febreiro de 2021, a partires das 15:30 horas.
Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega vai convocar, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación caldense dentre 30 a 64 anos de idade, colectivo que nesta localidade acada as 4.069 persoas.
Para levar a cabo este cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contará na Escola Obradoiro de Caldas de Reis con catro equipos de enfermaría en cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras e información aos usuarios.
Este tipo de probas que se efectuarán desde este martes ata o vindeiro venres no Concello de Caldas de Reis serven para aumentar a cifra de casos asintomáticos detectados.
Os resultados negativos destes cribados serán comunicados por SMS, mentres que os positivos notificaránse contactando directamente vía telefónica con cada persoa.
Relacionadas:
-
Ningún positivo en Caldas de Reis na primeira xornada de cribado
Por Redacción |
-
Comeza o cribado en Caldas de Reis con test rápidos para detectar asintomáticos
Por Redacción |
-
Durante a primeira semana de febreiro detectáronse 27 positivos nos 6.320 test por cribado na área sanitaria
Por Redacción |
-
Máis do 21% das probas de cribado no Vao resultaron positivas por covid
Por Diego Espiño |
-
Listaxe actualizada coas 347 farmacias da provincia que participarán no cribado de covid
Por Diego Espiño |