O programa de cribado nas farmacias xa deixou os primeiros positivos de covid-19
Por Natalia Puga
O programa para test masivos nas farmacias de Pontevedra para detectar pacientes asintomáticos con covid-19 xa deu os primeiros resultados. Así o anunciou este mércores a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, que explicou que "ya estamos detectando algunos positivos".
Carmen Durán valorou este programa este mércores na comparecencia da Consellería de Sanidade para dar conta do último comité clínico de expertos creado para a xestión da pandemia e valorou que calculan que a próxima semana xa poderán darse a coñecer os primeiros datos específicos do programa.
Este programa é resultado dun protocolo asinado entre Sanidade e o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra e púxose en marcha a semana pasada con seis farmacias piloto, 3 de Pontevedra e 3 de Vigo. Desde este martes 9 xa se realiza de forma masiva en toda Pontevedra coa participación dun total de 381 farmacias, o 89% do total da provincia.
A doutora Durán valorou este alto seguimento e insistiu en que a Unión Europea recomenda a importancia dun diagnóstico precoz dos casos para poder illalos e detectar os seus contactos.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tamén valorou na mesma comparecencia que este programa está a ter "unha acollida maior da que creiamos" en toda a provincia e explicou que, dado o elevado número de farmacias adheridas, está a atrasarse a repartición dos kit para a realización das probas e tamén a posibilidade de expandir o proxecto ao resto de provincias galegas. En cada farmacia de Pontevedra realizan 10 test por día.
O proxecto baséase na auto recollida por parte do paciente dunha mostra de saliva por PCR a través dunha serie de kit repartidos polas farmacias e logo analizados aplicando a técnica de pooling. Durante o período de proba piloto en 6 farmacias, analizáronse as mostras de 560 persoas.
O obxectivo do Programa é identificar a existencia de covid-19 en persoas asintomáticas de entre 40 e 64 anos, mediante a análise dunha mostra de saliva por PCR.
As farmacias adheridas ao programa poden consultarse aquí.
Relacionadas:
-
Este mércores conclúe o cribado de poboación nas farmacias para detectar casos covid
Por Redacción |
-
Os cribados en farmacias detectan 39 positivos por covid-19 en dúas semanas
Por Redacción |
-
De 15.040 mostras de saliva recollidas nas farmacias da provincia, 30 resultaron positivas
Por Oskar Viéitez |
-
A Unión Federal de Policía e a Asociación Pro Garda Civil solicitan probas de cribado
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Falecen cinco homes por covid-19 na área sanitaria nas últimas 48 horas, tres deles con menos de 60 anos
Por Redacción |
-
A cidadanía acode masivamente ás farmacias para solicitar os kits de recollida de saliva
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Listaxe actualizada coas 347 farmacias da provincia que participarán no cribado de covid
Por Diego Espiño |
-
"Todos temos unha farmacia preto, é moi cómodo e unha boa forma de detectar asintomáticos"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
As farmacias de Pontevedra poñen en marcha un cribado poboacional pioneiro
Por Oskar Viéitez |