Seguen a baixar os casos activos de covid pero sobe a hospitalización na área sanitaria, con 134 ingresos
Por Diego Espiño
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén a tendencia desta semana de descenso nos casos activos de covid e tamén unha diminución nos contaxios, pero polo momento non se traduce nun alivio da presión hospitalaria.
Segundo a actualización de datos das 10.00 horas deste xoves 11 de febreiro, o Servizo Galego de Saúde informa que son 134 os pacientes positivos en coronavirus ingresados en hospitais da área pontevedresa, o que supón un aumento de 5 persoas. Ese aumento concéntrase nos ingresados en planta, que son 114 repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (95), o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (10) e o Hospital do Salnés (9). Pola súa banda son 20 os pacientes infectados que evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.
En canto aos casos activos, son 78 menos os contabilizados este xoves situándose o total en 2.141. Esa baixa susténtase un día máis no elevado número de altas, ata 141, que exceden aos 63 novos contaxios detectados.
Desde o inicio da pandemia superaron a covid 9.272 pacientes da área sanitaria, rexistrándose 135 falecementos de persoas coa infección activa. Deles cinco foron contabilizados nas últimas horas, en concreto tres homes de 53, 59 e 85 anos que se atopaban en Montecelo e dous homes de 55 e 78 anos no Hospital do Salnés.
Nas últimas 24 horas realizáronse 1.269 probas PCR, que se engaden ás 152.926 efectuadas con anterioridade.
DATOS DE GALICIA
Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.643, o que supón un descenso de 989. Por orde, as áreas con maior afectación son A Coruña con 4.673 (-179), seguida de Vigo 2.758 (-166), Santiago 2.359 (-183), Pontevedra 2.141 (-78), Ourense 1.699 (-187), Lugo 1.514 (-127) e Ferrol 1.499 (-69).
Do total de persoas positivas, 234 están en UCI (-6) e 911 en unidades de hospitalización (-64). Ata o momento, en Galicia hai un total de 88.002 persoas que superaron a infección (+1.643)), rexistrándose 2.039 falecementos asociados ao virus, dos cales 23 foron contabilizados no último día.
Relacionadas:
-
Núñez Feijóo augura unha apertura "gradual e prudente" pero advirte que "non podemos fallar ata maio"
Por Redacción |
-
A caída dos casos activos por covid-19 acelérase en Pontevedra, Poio e Sanxenxo
Por Redacción |
-
Falecen cinco homes por covid-19 na área sanitaria nas últimas 48 horas, tres deles con menos de 60 anos
Por Redacción |
-
Pontevedra baixa de 600 de incidencia acumulada por primeira vez en dúas semanas
Por Alejandro Espiño |
-
"Non hai máis que ver o que pasa nas UCIs para ver as consecuencias de non cumprir as normas"
Por Natalia Puga |
-
Dous novos falecementos aumentan a 130 as mortes de pacientes covid na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
O elevado número de altas fai baixar os casos activos na área sanitaria a pesar de sumar 91 novos contaxios
Por Diego Espiño |