As mulleres representan máis da metade do persoal científico na Misión Biolóxica, no Centro Oceanográfico e no Instituto de Investigacións Mariñas

Por Oskar Viéitez
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, mantivo este xoves un encontro por videoconferencia coas responsables dos principais organismos científicos adscritos á Administración Xeral do Estado na provincia.
Co gaio da celebración este xoves do Día Internacional da Muller a Nena na Ciencia, Larriba conversou con Elena Cartea, directora da Misión Biolóxica de Galicia, Montse Pérez, directora accidental do Centro Oceanográfico de Vigo, e Eva Balsa, vicedirectora de investigación do Instituto de Investigacións Mariñas sobre a presenza e promoción do talento feminino nestes organismos.
Na actualidade, as mulleres representan o 57,72 % do persoal dos tres centros, unha cifra moi superior á media doutros organismos científicos nacionais.
Neste sentido, a Misión Biolóxica de Galicia, que realiza unha labor punteira no ámbito das Ciencias Agrarias e atópase na actualidade dirixida por unha muller, conta con máis mulleres que homes no seu plantel, un 61,8 %.
Pola súa parte, no Centro Oceanográfico de Vigo, pertencente ao Instituto Oceanográfico Español, as mulleres supoñen o 66 % do seu persoal.
Así mesmo, no Instituto de Investigacións Mariñas, á cabeza das investigacións no ámbito pesqueiro, as mulleres representan o 45,38 % do total do persoal investigador contratado.
Para a subdelegada do Goberno, "Montse Pérez, Elena Cartea, Eva Balsa e as demais investigadoras destes tres organismos son un exemplo do talento feminino na ciencia, e a súa visibilización resulta fundamental para inspirar futuras vocacións entre as nenas e mozas da provincia".
Relacionadas:
-
RADIO.- Do Parlamento galego a Salcedo. Repasamos a actividade da Misión Biolóxica de Galicia en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Misión Biolóxica de Galicia, "cien años de compromiso con la investigación y la ciencia"
Por Cristina Saiz & María José Pita |
-
Novo convenio entre a Deputación e a Misión Biolóxica para seguir a investigar na biodiversidade de produtos agrícolas galegos
Por Anxo Lourido |
-
Este 1 de abril cúmprense 100 anos da fundación da Misión Biolóxica de Galicia
Por Redacción |
-
Científicos pontevedreses identifican na xudía común un xene que determina onde e cando cultivala
Por Redacción |
-
Laura Sánchez, Ana Ramírez, María Elena Márquez e Iria Ollero, Premios GirlGeekCovid
Por Oskar Viéitez |
-
Entrega dos Premios Sofía Novoa para traballos universitarios con perspectiva de xénero
Por Redacción |
-
A pandemia centra e condiciona a celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia
Por Manu Otero |