Barro organiza un concurso de disfraces para o seu Entroido virtual
Por Alejandro Espiño
O Entroido en Barro tamén será virtual este ano polas restricións da covid-19. O principal evento será un concurso de disfraces que repartirá 400 euros en premios. Iso si, non serán cartos en metálico, senón vales de compra para gastar no comercio local.
Para participar neste entroido na casa tan só é necesario sacar unha foto co disfrace elixido e enviala á dirección de correo omix@barro.gal antes do mércores 17 ás 12:00 da mañá.
Haberá dúas categorías: individual e grupos conviventes. Os premios oscilarán entre os 40 e os 80 euros na primeira delas e entre os 40 e os 100 euros na categoría grupal.
A dinámica do concurso é sinxela. Gañará aquela fotografía que acumule máis "me gusta" na páxina de Facebook da OMIX de Barro, na que se publicarán o 18 de febreiro.
Será, polo tanto, a poboación xeral a encargada de elixir os gañadores do concurso. Terán cinco días para facelo. Os gañadores anunciaranse o 22 de febreiro.
Relacionadas:
-
Encrucillado en liña sobre a historia de Ravachol e un concurso artístico para a celebración do Entroido
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
O Galo Fodorico non faltará ao Entroido virtual de Poio
Por Redacción |
-
Concurso de disfraces dixital con 16 gañadores e 3000 euros en premios
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Marín presenta o cartel do seu Entroido 2021, que muda ao formato online
Por Redacción |