10.000 bolsas de papel e 300 adhesivos de sinalización para os #PonteLovers
Por Redacción
Os establecementos comerciais da cidade adheridos á campaña municipal #PonteLovers recibirán na vindeira semana máis material coa imaxe deste proxecto para o uso na súa actividade diaria.
A Concellería de Promoción Económica e Turismo iniciou esta semana a repartición de 10.000 bolsas de papel e 300 adhesivos de sinalización de distancias de seguridade entre os comercios, coa finalidade de substituír aquelas en mal estado ou deterioradas.
A concelleira responsable, Yoya Blanco, desprazouse este venres á mercería-lencería Lembranzas, situada na rúa José Adrio (Pasarela 12 de Novembro), e a Las Merceditas de Iria, na praza de Méndez Núñez para deixarlles lotes de adhesivos e bolsas de papel.
Ao remate desta repartición, Blanco explicou que amosou para amosarlles o apoio do Concello e de toda a plataforma #PonteLovers a estes comercios "tan consolidados" na cidade e, de paso, facilitar un material que lles vai resultar "moi útil", e que ao longo dos vindeiros días chegará a numerosos negocios.
Relacionadas:
-
Bolsas #PonteLovers para a campaña de Nadal
Por Redacción |
-
Promoción Económica e #PonteLovers sortean vales da campaña 'In Love co Comercio Local'
Por Redacción |
-
O Showroom de vodas e comuñóns impulsado por PonteLovers será emitido en streaming dende a Finca Batacos
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Promoción Económica retoma o seu plan para mellorar a competitividade das pemes turísticas
Por Redacción |
-
Un cento de comercios de Pontevedra compiten nun certame de escaparatismo
Por Redacción |
-
#PonteLovers conta con seis mesas sectoriais para escoitar as demandas das pemes e negocios de proximidade
Por Redacción |
-
Plataforma #PonteLovers para recuperar a actividade empresarial de proximidade
Por Redacción |