A Praza da Constitución de Cuntis ten un punto de recarga para vehículos eléctricos
Por Redacción
O Concello de Cuntis, a través do INEGA, ven de recibir unha subvención ao abeiro da resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES) anualidade 2019 para o proxecto "Instalación de un punto de recarga de vehículos eléctricos xunto a Praza da Constitución de Cuntis", por importe de 12.033 euros.
O Concello de Cuntis non contaba con ningún punto de recarga de vehículos eléctricos, e a corporación municipal moi implicada en impulsar a mobilidade mediante enerxías alternativas considerou necesario a instalación dun punto de recarga para vehículos eléctricos coa finalidade de divulgar esta tecnoloxía entre a poboación.
Esta mellora considera o rexedor Manuel Campos Velay que "axudará a que moitas veciñas e veciños pensen en adquirir un vehículo eléctrico o posuír un punto de recarga no propio concello e ao mesmo tempo poder adquirir vehículos eléctricos para parque móbil municipal".
Así, en dúas das prazas de aparcamento existentes xunto a praza da Constitución de Cuntis, das máis céntricas e concorridas do pobo tanto polos veciños como polos turistas, destináronse para a instalación de un poste de carga de vehículos eléctricos.
Para elo realizouse unha nova extensión de rede eléctrica e pintáronse as prazas como reservadas para carga deste vehículos, prazas que eran de aparcamento común.