Dúas mulleres, vítimas de covid-19 no Hospital Montecelo durante esta fin de semana
Por Redacción
Unha muller de 82 anos falecida este sábado 13 e outra muller de 76 anos, que perdía a vida este domingo 14 son as dúas novas vítimas que se producen durante esta fin de semana no Hospital Montecelo como consecuencia da pandemia.
Desde o inicio do plan de continxencia da enfermidade covid-19 faleceron na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés 141 persoas, a anterior vítima era un home, de 78 anos, que morría no Hospital do Salnés. Estas tres últimas vítimas contaban con antecedentes doutras enfermidades nos seus historiais médicos.
Segundo o Servizo Galego de Saúde, na área sanitaria curáronse 9.382 persoas desde que se teñen rexistros da enfermidade fai apróximadamente un ano.
10 DEFUNCIÓNS EN GALICIA
A Consellería de Sanidade notificaba este domingo 14 a perda de dez persoas na comunidade, entre as que se inclúen as dúas falecidas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Unha muller de 70 anos, falecía no Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC) o venres 12, mentres que o sábado nese mesmo centro perdían a vida dúas mulleres, de 87 e 92 anos, e un home de 81 anos. Tamén en Lugo no Hospital Lucus Augusti morrían tres pacientes: dous homes, de 51 e 81 anos, ademais dunha muller de 84 anos.
Durante este domingo 14, ata o momento, Saúde Pública confirmou unicamente a morte por coronavirus da muller de 76 anos, en Montecelo e un home, de 64 anos, no CHUAC.
En todos os casos rexistrábanse outras enfermidades nos pacientes que foron diagnosticados por coronavirus, causa pola que se produciron as defuncións.
En Galicia, o número oficial de persoas falecidas é de 2.096 desde que se cuantifican as mortes motivadas pola pandemia.
Relacionadas:
-
O comercio recuperará o seu horario habitual e retómase a actividade cultural a partir deste mércores 17
Por Redacción |
-
Bueu, Campo Lameiro e A Illa, concellos da área sanitaria coa incidencia acumulada máis baixa
Por Oskar Viéitez |
-
A presión da covid-19 continúa nos hospitais: volven crecer os pacientes en UCI e planta
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Os positivos diarios redúcense a preto da metade nunha semana, pero segue a preocupar a UCI
Por Natalia Puga |
-
A UCI, tras un ano de pandemia: "Pedimos á xente que, por favor, respecten as medidas porque as forzas ás veces diminúen"
Por Natalia Puga |
-
Sanidade contabiliza un novo falecido por covid-19 na área sanitaria, a vítima 139 da pandemia
Por Natalia Puga |