A Fiscalía pide 8 anos de prisión para un veciño de Cangas acusado de abusar sexualmente dunha menor
Por Oskar Viéitez
A Sección Cuarta de la Audiencia provincial de Pontevedra sinalou para este xoves 19 de setembro o xuízo contra un veciño de Cangas por abusos sexuais continuados a unha menor dende que esta tiña 9 anos de idade.
Segundo a Fiscalía o acusado Manuel Ignacio F.S., entre os anos 2003 e 2007 acudía a unha vivenda da localidade de Cangas en torno a tres veces por semana, "momentos nos que aproveitaba con intención de satisfacer os seus desexos carnais e aproveitando a minoría de idade" da nena, nacida no ano 1994 "realizaba tocamentos por todo o corpo".
O escrito de acusación do Ministerio Público apunta que "estas actuacións se prolongaron ao longo dos anos coa periodicidade antes establecida".
Para o fiscal os feitos son constitutivos dun delito continuado de abuso sexual polo que pide para o acusado a pena de 8 anos de prisión, e unha indemnización á menor na cantidade de 10.000 euros polos prexuízos sufridos.