Un camión atropela un veciño de Sanxenxo mentres espera o autobús nunha marquesiña
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un veciño de Sanxenxo de 48 anos resultou ferido grave á primeira hora da mañá deste martes nun atropelo na zona de Areas, na PO-308, á altura da parroquia de Bordóns.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, o atropelo produciuse sobre as 7.00 horas da mañá. O home atopábase na marquesiña esperando o autobús e foi atropelado por un camión.
A hipótese que manexa o Concello de Sanxenxo é que nese momento había pouca visibilidade e o home puido confundir de lonxe o camión co autobús. Segundo esta hipótese, baixou á calzada e foi arroiado.
Ata o lugar do atropelo desprazáronse efectivos do servizo de Emerxencias de Sanxenxo, a Policía Local e a Garda Civil. O operativo desprazábase ao lugar despois de que o servizo de Emerxencias 112 Galicia recibira a chamada dun veciño que vía como o home quedara ferido tras ser atropelado polo camión. Este veciño informaba xa nese momento de que a vítima se atopaba liberada e accesible e descartábase o uso dos equipos de rescate no desprazamento, segundo indican desde o 112 Galicia.
O ferido é veciño de Bordóns e foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro do municipio de Vigo para ser atendido das lesións de gravidade que presentaba.
Intervención está mañana por atropello de un peatón en Areas. Las lluvias y la baja visibilidad son las causas probables de este suceso. El herido fue trasladado por #UrxenciasMedicas061 en estado grave. pic.twitter.com/U5a3vG2IyW
— Emerxencias Sanxenxo (@SLXE_Sanxenxo) February 16, 2021