Cuntis substitúe as pontes do paseo fluvial do río Gallo
Por Redacción
O Concello de Cuntis vén de acometer a retirada das vellas pasarelas de madeira que servían para cruzar o río Gallo no paseo fluvial e substituiraas por unhas novas estruturas de madeira con cargo a unha subvención de 46.250 euros do Plan Concellos da Deputación.
O obxectivo desta reforma é preservar a seguridade de veciños e visitantes nunha zona moi transitada.
O proxecto serve tamén para dar resposta a unha demanda veciñal e dos grupos da corporación. O proxecto inclúe a reposición dos tres pontes coa meta de garantir o seu bo estado e seguridade para os próximos anos. Para adiantar prazos, o Concello asumiu xa a retirada das vellas e danadas estruturas que tan mala imaxe ofrecían do paseo.
Os operarios acondicionaron tamén o paseo fluvial para emendar calquera defecto ocasionado polos temporais do inverno.