Nova embarcación de salvamento e rescate para Protección Civil de Vilagarcía
Por Redacción
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, fixo entrega este mércores dunha embarcación pneumática semirríxida destinada a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilagarcía para actuacións de salvamento e rescate.
A embarcación entregada hoxe con case 6 metros de eslora total permitirá reforzar o equipamento desta agrupación para levar a cabo actuacións en praias costeiras e fluviais.
O Concello de Vilagarcía está adscrito ao Plan de Salvamento en Praias de Galicia.
Este material enmarcase na orde de axudas da Xunta dirixida ás AVPC de municipios de menos de 50.000 habitantes, a través da que o ano pasado se concederon 932.400 euros a 87 concellos galegos e 2 mancomunidades.
O vicepresidente primeiro da Xunta destacou o labor altruísta levado a cabo cada día polos voluntarios de Protección Civil para garantir a seguridade dos cidadáns e tamén a súa implicación nos meses máis duros da pandemia en operativos relacionados coa loita contra a covid-19.
Así, participaron no reparto de alimentos e medicamentos a persoas en situación de vulnerabilidade e na limpeza e desinfección de lugares públicos. Deste xeito, destacou a colaboración destas agrupacións para reforzar os servizos de emerxencias, sobre todo en actividades de prevención, e mesmo en intervencións.
Alfonso Rueda incidiu na necesidade de investir en prevención para que os efectivos de emerxencias conten co material axeitado para traballar nas mellores condicións e realizar as súas intervencións con seguridade e maior eficiencia.
Relacionadas:
-
Cuntis e Vilanova reciben un novo todoterreo para as súas agrupacións de Protección Civil
Por Redacción |
-
Protección Civil estrea unha nova furgoneta para atender as emerxencias na Lama
Por Redacción |
-
Rueda afirma que o GES de Sanxenxo "marca a diferencia e a excelencia do concello"
Por Redacción |
-
Marín, Poio e Cerdedo-Cotobade estrean tendas de atención ás emerxencias
Por Redacción |
-
Protección Civil e grupos de emerxencias reciben novo material
Por Redacción |