O Plan Revitaliza permite a Vilaboa mellorar as instalacións de Monte do Cabalo e renovar o parque móbil
Por Redacción
O Plan Revitaliza permitirá ao Concello incrementar os medios propios para afrontar un Plan de Compostaxe municipal cun investimento do 15% con fondos propios, xa que dos 285.983 euros concedidos para este fin a Deputación Provincial aportará 239.825 euros (o 83,86%) e a administración local 46.157 euros.
Dentro das ferramentas das que se dotará o Concello para o desenvolvemento futuro do Plan de Compostaxe está a adquisición de dous camións, un carga con grúa e outro con cesta telescópica imprescindibles para a xestión do material triturado, tanto para o acopio como para a distribución dos restos vexetais procedentes das podas e das talas do material resultante da súa trituración para conversión en estruturante.
A porcentaxe aportada polo Concello de Vilaboa para a adquisición destes dous camións non supera os 21.000 euros. "Esta subvención do Plan Revitaliza supón un pulo importante na axilización duns traballos que precisan moita man de obra, e que agora se poderá realizar de xeito máis cómodo para o persoal municipal", dixo o alcalde de Vilaboa, César Poza, quen indicou ademáis que estes dous camións formarán parte do parque municipal e poderán ser utilizados para tarefas como as limpezas en altura ou o mantemento do alumeado.
O Plan Revitaliza inclúe tamén importantes actuacións de limpeza e adecuación no Monte do Cabalo, tanto na Planta de Compostaxe Municipal como no Punto Verde, donde se acometerán traballos de consolidación dos terreos con recheos, de aumento da capacidade da cuberta para o resgardo da maquinaria e dos vehículos e de ampliación do perímetro pechado para manter a funcionalidade das instalacións.
O Plan Revitaliza permitirá ao Concello adquirir un total de 20 composteiros comunitarios así como continuar coas campañas de sensibilización e educación ambiental que a administración local xa ven realizando dende fai varios anos e que teñen contribuido de xeito significativo a incrementar os datos de reciclaxe no municipio.
César Poza agradeceu a colaboración de toda a veciñanza no Plan de Compostaxe Municipal e especialmente á Comunidade de Montes de Santa Cristina pola súa boa disposición a traballar conxuntamente nesta iniciativa medioambiental.
Relacionadas:
-
Vilaboa é líder en Galicia na implantación da compostaxe
Por Redacción |
-
A Deputación lanza novas axudas aos concellos para contratar mestres compostadores
Por Oskar Viéitez |
-
O Revitaliza modificará a súa ordenanza de compostaxe local
Por Redacción |
-
O punto verde de Monte do Cabalo, en Vilaboa, absorbe ao ano 750 toneladas de residuos orgánicos
Por Redacción |
-
A compostaxe permitirá aforrar este ano na provincia máis de 2.600 toneladas de CO2 de emisións á atmosfera
Por Redacción |
-
2020 remata con 47 concellos da provincia adheridos á compostaxe do Plan Revitaliza
Por Redacción |
-
Vilaboa, O Grove e Mondariz Balneario, exemplos para toda España de boa xestión de compostaxe
Por Redacción |