Un veciño de Vilaboa acepta dous anos de prisión por abusar sexualmente dunha nena
Por Oskar Viéitez
A Sección Cuarta de la Audiencia provincial de Pontevedra acolleu este xoves o xuízo contra un veciño de Vilaboa que recoñeceu ter abusado sexualmente dunha menor dende que esta nena tiña 9 anos de idade.
Non houbo conformidade no sumario pero o acusado Manuel Ignacio F.S., si asumiu as conclusións definitivas. ÿ dicir, o acusado recoñeceu que entre os anos 2003 e 2007 acudía a unha vivenda da localidade de Cangas en torno a tres veces por semana, "con intención de satisfacer os seus desexos carnais e aproveitando a minoría de idade" da nena, nacida no ano 1994, a quen lle "realizaba tocamentos por todo o corpo".
Neste último punto precisouse un matiz importante, recoñecendo os tocamentos "agás a introdución de dedos". Este aspecto formulaba as maiores dificultades para a proba, segundo explicou o fiscal do caso, Augusto Santaló, "este era o punto máis conflitivo dado que a rapaza non quería entrar na sala e resultaba máis que dubidoso" polo que "optamos polos abusos sexuais ordinarios e non agravados pola introdución". Isto supón que a pena sexa máis leve que na cualificación inicial.
Nun primeiro momento o fiscal solicitaba a pena de 8 anos de prisión, e unha indemnización á menor na cantidade de 10.000 euros polos prexuízos sufridos. Pero tras o acordo deste xoves, tras rebaixarse a consideración do delito que contempla unha pena de 1 a 3 anos, a petición de condena foi de dous anos, tal e como aceptaron as partes.
A indemnización á vítima quedou fixada nuns 6.000 euros.