Recordo emocionado para Orza en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A conselleira de Facenda en funcións, Elena Muñoz, tivo hoxe en Pontevedra un recordo emocionado para o ex conselleiro José Antonio Orza Fernández, falecido aos 71 anos de idade esta mesma mañana de luns nun hospital coruñés.
O que fora durante 16 anos conselleiro con Manuel Fraga e membro do Consello de Contas comentara a semana pasada que non se atopaba ben e desde o mércores permanecía hospitalizado.
"E un día no que lembraremos todo o que o conselleiro Orza fixo por esta Comunidade autónoma", dixo Elena Muñoz "un día de tristeza e de lembranza".
O seu carón o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, coincidiu en valorar que "nos vindeiros días a súa figura, a súa carreira administrativa e política, terá que ser reivindicada".
Elena Muñoz, que inaugurou en Pontevedra o I Curso de Actualidade Xurídica de Réxime Local, suliñou que está a traballar na redacción dos Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2013 "é a prioridade do Goberno nestes momentos".
Neste senso Facenda pode levarse un agradable sorpresa co Imposto de sucesións e donazóns ao recadar case o dobre do previsto inicialmente. Dos 153 millóns calculados cando se aprobaron as contas da comunidade se pasaría a 299 o que supón 146 millóns máis.
"A Xunta de Galicia ven reforzando a súa laboura contra a fraude fiscal e na inspección tributarái e sen dúbida esta liña está a dar os seus froitos", sinalou a conselleira en funcións, "esto é o resultado deste traballo feito e desa líña de incrementar a recadación pola vía da loita contra a fraude fiscal e non polo incremento impositivo", aseverou.
Finalmente a conselleira de Facenda en funcións salientou que a Lei de Disciplina Orzamentaria de Galicia "supón un dos principais piares da xestión financeira da Comunidade Autónoma para garantir a sostenibilidade financeira ao longo do ciclo económico".
Na súa ponencia Elena Muñoz avogou pola estabilidade orzamentaria como medio para incrementar a transparencia das contas públicas e garantir a sostenibilidade financeira.
Finalmente, Elena Muñoz subliñou que neste momento existe un novo escenario presupostario global "no que a disciplina se impón como requisito indispensable para articular unha Europa unida e sen fisuras co fin de afrontar con garantías os enormes retos aos que se enfronta".