Adiantarase este ano o final do inverno ante a aparición da flor Primavera?
A Primula acaulis é unha das primeiras flores que aparecen no inverno, anunciando así o comezo da primavera. Xa o seu nome o indica debido a que provén da expresión latina 'prima rosa', primeira rosa.
Esta planta tamén é coñecida polo nome de Primavera, Flor de San José ou Cáncaro en galego. Destaca por ter unha gran follaxe, ser de crecemento baixo e polas súas preciosas flores de cinco pétalos cun aroma agradable. A cores da flor poden ser moi variadas: amarelas, vermellas e brancas, entre outras.
Segundo a asociación Vaipolorio esta flor apareceu nestos días no paseo do río toxal en Pontevedra, cousa que é un acotecemento xa que aínda falta máis dun mes para o inicio da primavera, o 21 de marzo. Aínda que non é a primeira vez que pasa isto, xa que outros anos a teñen visto incluso polo Nadal.
Ante a recente borrasca que non parece que vaia a dar tregua, de momento só queda esperar a ver se o que se di sobre esta pranta é verdade e podemos agardar unha primavera temperá e poñer fin ao longo inverno.
Relacionadas:
-
Vaipolorío sae na procura da "orella de rato"
Por Redacción |
-
Vaipolorío repoboará con especies autóctonas a ribeira do río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Zafarrancho de limpeza nos ríos Gafos, Tomeza e Couso
Por Redacción |
-
Pídenlle ao Concello recuperar os xardíns da Delegación de Sanidade
Por Redacción |