Una senda peonil unirá os núcleos de centralidade de Casal do Río e Lusquiños
Recuperar a convivencia nos núcleos rurais. Ese é o obxectivo da actuación que, entre outros lugares, o Concello de Pontevedra está a executar en Tomeza para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas que residen nas parroquias do municipio.
Casal do Río e Lusquiños son, este caso, os puntos nos que se centran estes traballos de humanización, valorados nuns 466.000 euros dos que o 80% son financiados polos fondos europeos FEDER, a través da estratexia EDUSI.
A guinda a este proxecto será o acondicionamento dunha senda peonil que conectará ambos os dous núcleos, mellorando a seguridade viaria en toda esta zona.
No parque de Casal do Río, este proxecto prevé crear un gran espazo polideportivo con dúas pistas para a práctica de fútbol e baloncesto.
Na zona de recreo, a actual zona arborizada, mellorarase o espazo do merendoiro coa instalación de mesas, arboledo rodeado de cortiza e chan tratado en area consolidada.
No parque infantil colocarase area, renovarase o peche perimetral de toda a zona e sinalizarase o estacionamento e a parada de autobús, limitando un espazo para o bus escolar.
Por último, instalarase un punto de auga e unha nova iluminación con proxectores para as pistas de xogo e pivotes baixos para a zona do merendero.
Pola súa banda, na contorna da Casa de Cultura de Tomeza en Lusquiños actuarase na entrada do edificio diferenciando dous pavimentos: un de entrada directa ao centro cultural, e un segundo de pedra do país.
Aproveitarase un desnivel do terreo para crear un banco corrido, que estará conectado coa parte baixa da parcela a través de escaleiras e unha costa.
Tamén se mellorará a parte baixa da parcela con area consolidada onde se instalará unha grella e renovarase unha zona que estará reservada para un parque infantil.
O goberno municipal confía en que estas obras, se a climatoloxía o permite, estean terminadas durante a próxima primavera.
Relacionadas:
-
A mellora da estrada de Tomeza, pendente da sinatura do convenio entre o Concello e a Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
"Salto cualitativo" para Tomeza co parque de Casal do Río e o centro social de Lusquiños
Por Alejandro Espiño |
-
Campañó, Marcón e Xeve, obxectivo das últimas obras no rural
Por Redacción |
-
O mal tempo adía tres meses o remate das obras do núcleo de centralidade de Tomeza
Por Oskar Viéitez |
-
Comezan as obras do núcleo de centralidade parroquial de Tomeza
Por Redacción |
-
A mellora dos núcleos de Casal do Río e Lusquiños estará rematada a principios de 2021
Por Alejandro Espiño |