A Deputación aproba novas achegas para Sanxenxo e Portas
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres en Xunta de Goberno novas achegas no marco do Plan Concellos por valor de 1,6 millóns de euros. Entre os beneficiarios están Sanxenxo e Portas.
A presidenta provincial, Carmela Silva, lembrou que ao amparo da liña 3 de creación de emprego "xa son 40 os Concellos que teñen aprobada esta liña" grazas á que "un total de 606 persoas van ser contratadas cuns recursos que ascenden a 6,4 millóns de euros".
Sanxenxo contará con 260.089 euros cos que dará traballo a 39 persoas.
A Xunta de Goberno tamén aprobou a segunda relación de achegas da liña 2 do plan coa que levarán a cabo "servizos fundamentais que son competencia dos Concellos e que financia a Deputación e Pontevedra", subliñou Silva.
Neste sentido Portas usará as achegas para amortizar a súa débeda.