Galicia prevé reabrir a hostalería "en boa parte" da comunidade a próxima semana
Por Alejandro Espiño
O comité clínico que asesora á Xunta aínda se reunirá o vindeiro luns para avaliar se, coa actual situación epidemiolóxica, procede ou non aliviar as restricións pola covid-19. Pero, segundo avanza o presidente galego, a reapertura da hostalería está moi preto.
Nunha entrevista na Cadena COPE, Alberto Núñez Feijóo adiantou que os establecementos hostaleiros poderán reabrir as súas portas "en boa parte de Galicia" a partir da próxima semana.
Considera que a evolución da pandemia nos últimos días é "boa" e que Galicia está a piques de ter unha situación "controlada". Iso si, engadiu que haberá límites en canto á "intensidade" desta reapertura e aos horarios nos que poderán ter actividade.
Este anuncio chega apenas dous días despois de que a Xunta de Galicia autorizase aos comercios non esenciais a retomar o seu horario habitual e, entre outras medidas, permitise que se reanudaran as actividades culturais.
Relacionadas:
-
As novas restricións en Pontevedra: que podo facer a partir deste venres?
Por Alejandro Espiño |
-
Reabre a hostalería e anulan os peches perimetrais en toda a área sanitaria de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O comercio recuperará o seu horario habitual e retómase a actividade cultural a partir deste mércores 17
Por Redacción |
-
Núñez Feijóo augura unha apertura "gradual e prudente" pero advirte que "non podemos fallar ata maio"
Por Redacción |