Sanxenxo convoca aos sindicatos para debater a reorganización do servizo de Emerxencias
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo ten previsto reunirse o día 25 de febreiro cos sindicatos para abordar a reorganización do servizo municipal de Emerxencias. A proposta do goberno garante o mantemento dos 18 postos de traballo, así como os dereitos laborais e o soldo dos traballadores, aseguran desde o executivo que preside Telmo Martín.
Desde o grupo de goberno queren tamén saír ao paso de "unha serie de afirmacións que non responden á realidade". Co obxectivo de desmentir que o gasto anual deste servizo estaba "inflado", o Concello presenta un documento certificado polo interventor municipal que recolle que o custo anual deste servizo é de 723.174 euros e engaden que, tendo en cuenta a subida media dos últimos anos, no 2021 será de 730.600 euros.
Si que son conscientes en Sanxenxo de que "o gasto é esaxerado e máis cando o servizo está duplicado, xa que Sanxenxo é un dos 6 concellos que recibe atención preferente do parque de bombeiros de Ribadumia", argumentan para xustificar este axuste.
O municipio conta actualmente con 18 efectivos para atender as emerxencias de 4 concellos as 24 horas e compáranse co reste de GES de Galicia, que ningún supera os 12 traballadores. Ante esta situación, o Concello pon como condición para manter o emprego que "6 dos 18 traballadores van incorporar a outro servizo diferente, que se encargará da prevención e o coidado do medio ambiente", expoñen.
Esta proposta recibiu algunha queixa por parte dos traballadores porque a proposta inician contemplaba que o servizo cubrise 16 horas. As 8 horas restantes asumiríao o parque de Ribadumia. Con todo, desde o goberno local ven perfectamente viable que o servizo municipal siga atendendo as 24 horas do día con 12 efectivos como fan o 30 GES de Galicia.
Relacionadas:
-
Os traballadores de Emerxencias Sanxenxo critican ao Concello pola súa "temeraria decisión" de reducir o número de efectivos
Por Oskar Viéitez |
-
A xustiza desestima as reclamacións realizadas por oito traballadores de Emerxencias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Oposición do PSOE á remodelación do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Rexeitan que Emerxencias de Sanxenxo reduza o servizo e acusan a Telmo Martín de "mala xestión económica"
Por Anxo Lourido |