Dálle o sono ao volante e envorca co coche en Portonovo
Por Oskar Viéitez
O sono é a causa máis probable do accidente de tráfico rexistrado este venres en Portonovo.
O condutor dun turismo perdeu o control do seu vehículo cando circulaba pola estrada PO-308 á altura da rotonda de Baltar na baixada desde Adina, segundo informou o Concello de Sanxenxo.
O sinistro tivo lugar pasadas as tres e media da tarde.
Non houbo danos persoais a pesar do aparatoso do accidente que deixou envorcado ao vehículo nun dos carrís en sentido de Portonovo a Sanxenxo.
Ata o lugar desprazáronse a Policía Local de Sanxenxo e o servizo municipal de Emerxencias que se ocuparon de regular o tráfico, atender ao condutor e despexar a calzada.