Ningún positivo no cribado masivo realizado en Meis
Por Redacción
O cribado masivo realizado no Concello de Meis non detectou ningún positivo por covid-19.
O cribado voluntario tivo lugar no centro de saúde de Mosteiro entre a tarde do venres e a mañá do sábado. Estaban convocados as persoas de 30 a 60 anos de idade con tarxeta activa no centro de saúde do municipio.
En total, 1.655 persoas das que asistiron un total de 1.170. Esta cifra supón un 70,6% da convocatoria.
Para levar a cabo este cribado, o centro de saúde de Mosteiro con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuaron tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofarínxeas e información aos usuarios.