Sanidade informa de 120 casos activos menos na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Sanidade informa que este domingo 21 de febreiro que o número de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés é de 1.150, é dicir, son 120 menos que onte.
O descenso é menos acusado na hospitalización con só dúas altas nas últimas horas. Así se manteñen 67 pacientes covid ingresados en planta. Concretamente hai 55 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 6 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 6 no Hospital do Salnés.
Ademais hai un novo paciente ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo, co que o total de enfermos en estado crítico é de 21 pacientes.
Así mesmo, permanecen 1.062 casos de Covid-19 evolucionando con síntomas leves nos seus respectivos domicilios
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 10.806 pacientes. Nas últimas 24 horas o número de curados foi de 148 e rexistráronse 30 contaxios máis.
Faleceron por este virus na área sanitaria 145 pacientes. Os últimos, en Montecelo, unha muller de 87 anos e un home de 86 anos que presentaban patoloxías previas.
En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 637 probas, que se engaden ás 160.196 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.616, deles 2.869 son da área da Coruña, 838 da de Lugo, 632 da de Ourense, 1.150 da de Pontevedra, 1.316 da área de Vigo, 950 da de Santiago e 861 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 155 están en UCI, 580 en unidades de hospitalización e 7.881 no domicilio.
Polo de agora, en Galicia hai un total de 99.967 persoas curadas, rexistrándose 2.172 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.623.072.