Un home de 56 anos sen patoloxías previas, vítima 147 da covid-19 na área sanitaria
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ten xa 147 vítimas mortais da covid-19. O último en sumarse á luctosa listaxe foi un home de 56 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Segundo o balance diario de falecidos realizado polo Servizo Galego de Saúde, a particularidade deste paciente é que non tiña patoloxías previas ao diagnóstico da covid-19.
De feito, no último balance diario contabilízanse 11 falecidos en toda Galicia e tan só este pontevedrés presenta esta particularidade. Os 10 restantes tiñan patoloxías previas. Ademais, o paciente falecido no Hospitla Montecelo é o máis novo de todos.
O home faleceu o domingo 21 de febreiro, xornada na que tamén se produciu outra morte que xa se dera a coñecer o propio día, unha muller de 91 anos.
O último balance suma ese día 21 outras tres mortes en Galicia. Ademais do paciente ingresado en Montecelo faleceu un home de 68 anos no CHUAC da Coruña, unha muller de 86 no CHUF de Ferrol e un home de 91 no HULA de Lugo.
Segundo este último balance diario, houbo outras catro mortes en Galicia que se rexistraron xa o sábado 20: unha muller de 94 nos no CHUF que procedía da residencia O Casón de Moeche, unha muller de 89 no CHUAC, unha muller de 83 no CHUF e unha muller de 89 anos no CHUS de Santiago.
As novas mortes inclúen tres rexistradas este luns 22. Trátase de tres pacientes do CHUAC: un home de 64 anos, unha muller de 87 e un home de 85.
Relacionadas:
-
Catro mortes por covid-19 na área sanitaria elevan a 151 o número de falecidos nos hospitais de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Xa non hai ningún concello da área sanitaria cunha incidencia superior a 500 tras a melloría de Catoira
Por Alejandro Espiño |
-
Microbioloxía calcula que o 70% do virus na área sanitaria procede da cepa británica
Por Redacción |
-
Os positivos diarios redúcense a preto da metade nunha semana, pero segue a preocupar a UCI
Por Natalia Puga |