O festival de danzas urbanas de Marín pásase á vía telemática
Por Redacción
O Marín Atlantic Open, campionato galego de danza coreográfica e de hip hop, volverá congregar o mellor da cultura de danza urbana de Galicia, pero esta vez farao de forma telemática.
Este evento, clasificatorio para o campionato estatal e puntuable para o ranking nacional da Federación Española de Baile Deportivo e de Competición, tamén ten que adaptarse á nova situación derivada da situación sanitaria. A competición celebrarase os días 27 e 28 de febreiro e poderá seguirse a través da páxina de Facebook do Club de Baile Deportivo de Pasos-Baile Galicia.
"É unha cita de referencia na comunidade para os amantes e afeccionados a esta disciplina", dixo o concelleiro de Deportes, Antonio Traba.