"El pasado es de los hombres. El presente ya se lo estamos discutiendo. El futuro debe ser de ambos"
Por Redacción
"El pasado es de los hombres. El presente ya se lo estamos discutiendo. El futuro debe ser de ambos". Esa frase de Noemí Boza, impulsora do foro Tempo de Mulleres, resume o espírito co que se celebrou a terceira edición deste evento, que tivo lugar este xoves no Pazo da Cultura de Pontevedra. Preto dun cento de persoas participaron nas numerosas conferencias que se impartiron.
Pontevedra, tal e como destacou a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, na inauguración do congreso, converteuse na terceira cidade, logo de Zaragoza e Barcelona, en acoller este foro sobre o liderado feminino e empresa, que serviu de punto de encontro "para reflexionar sobre el papel que jugamos hoy en la sociedad todas aquellas a las que, por caprichos de los genes, nos han correspondido dos cromosomas X".
A primeira das conferencias do foro correu a cargo de Carmen Mellina, directora da Escola Europea de Coaching de Bilbao, que deu certas claves para superar o medo a emprender. Seguiulle Enrique de Mora, experto en management, que tratou o comportamento animal e o liderado feminino. Concluíu asegurando que "las mujeres leen mucho mejor los indicadores emocionales: son más democrácticas, más flexibles".
A continuación foi a quenda da mesa redonda na que participaron a política Mar Barcón e as empresarias Blanca García Montenegro e Lucía Gregorio. Nela debatíase sobre o futuro da muller no terreo empresarial. Un dos temas máis controvertidos foron as cotas de xénero. Lucía Gregorio afirmou que "son un arma de doble filo, no sabes si está en el puesto por su valía o por la cuota", mentres que Barcón lamentou as dificultades que atopan as mulleres para acceder a postos directivos.
Pola súa banda, Francisca Serrano, trader independente, deu unha serie de recomendacións para reinventarse e liderar proxectos persoais; mentres que Elena García Pont, unha muller con máis de 15 anos de traxectoria vinculada á consultoría de Recursos Humanos, tamén animou ao emprendimiento. "De lo que se trata es de ir dejando huella", afirmou, aínda que alertou da posibilidade de que o éxito acabe por causar problemas de ego.
Xa pola tarde, Montse Sánchez-Agustino Mariño, empresaria e expresidenta da Asociación Executivas de Galicia, disertou sobre os retos das mulleres directivas nesta época de crise. "El liderazgo es entrenar, sentir orgullo de pertenencia y celebrar los éxitos", afirmou durante a súa intervención, na que se mostrou convencida de que "el liderazgo situacional saca lo mejor de cada persona".
A actriz María Mera, coñecida polo seu traballo na serie Matalobos de TVG, preguntouse se ser unha muller nova e guapa pode supoñer un hándicap. Neste sentido, sinalou que "da igual si eres guapa o no eres guapa, las mujeres lo tenemos mucho más difícil". Puxo de exemplo o seu traballo en televisión e lamentou que "las mujeres no gozan de reconocimiento mediático", quedando reservado o seu papel a condutas certamente machistas. "En anuncios, en televisión, en cine... siempre hay mujeres que salen en paños menores. Para hombres no es igual", dixo, e recordou que neses mesmos formatos publicitarios "siempre son las mujeres quienes preparan bocadillos o cocinan y lo mismo ocurre con la cirugía estética".
Nesta terceira edición do foro Tempo de Mulleres participaron tamén, ofrecendo píldoras informativas sobre o seu labor, Dolores Pedra Varela, representante da Fundación Vicente Ferrer en Pontevedra; Lucía Pedroso, presidenta de AJE Pontevedra e Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia. O humorista David Noya puxo o broche de ouro cun monólogo cómico.