Vaipolorío repoboará con especies autóctonas a ribeira do río Gafos
Por Oskar Viéitez
Este sábado 27 de febreiro levará a cabo a segunda xornada para repoboar o bosque autóctono en todo o percorrido do río Gafos.
Este proxecto, organizado polo colectivo ecoloxista Vaipolorío, trata de incidir nos puntos invasores limpando e repoboando o bosque autóctono para axudar a que non falten especies galegas en todo o percorrido do río.
O traxecto que vai ao longo do Gafos, conta con aproximadamente 10 quilómetros de lonxitude e 10 metros de anchura de bosque a cada lado e está a ser sustituído pola aparición de plantas invasoras que colonizan e desprazan ás autóctonas, empobrecendo o bosque e impedindo unha mellor biodiversidade.
Por iso, a organización ecoloxista organiza unha saída na que o punto de encontro será na estación de autobuses de Pontevedra ás 10:00 horas para plantar as especies ripícolas, vexetación que nace nas ribeiras dos ríos.
Para participar é necesaria a inscrición previa chamando ao teléfono 676 842 942 antes do venres 26 de febreiro. As prazas están limitadas.
Relacionadas:
-
Atopan no Gafos unha herba descrita e debuxada polo Pai Sarmiento en 1755
Por Redacción |
-
Vaipolorío sae na procura da "orella de rato"
Por Redacción |
-
Adiantarase este ano o final do inverno ante a aparición da flor Primavera?
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Zafarrancho de limpeza nos ríos Gafos, Tomeza e Couso
Por Redacción |
-
Pídenlle ao Concello recuperar os xardíns da Delegación de Sanidade
Por Redacción |