Xunta e Concello de Vilagarcía colaborarán na reforma integral do pavillón de Fontecarmoa
Por Redacción
A Xunta de Galicia confirmou este mércores que colaborará co Concello de Vilagarcía na reforma integral do pavillón de Fontecarmoa. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, comunicou este mércores despois de reunirse co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, que o executivo autonómico achegará o 33% do custo, mentres que o Concello farase cargo dos dous terzos restantes dunha obra valorada en 1,5 millóns de euros.
As obras que levarán a cabo no pavillón constarán dunha reforma integral do edificio e a construción dun novo pavillón aproveitando a estrutura do xa existente. Así, actuarase sobre os vestiarios, as instalacións eléctricas, o saneamento, a cuberta, o illamento, o peche perimetral e as instancias interiores. Ao mesmo tempo adoptaranse todas as medidas necesarias para alcanzar a eficiencia enerxética esixible na actualidade nos edificios públicos.
O pavillón número 1 é o centro de todo o complexo polideportivo de Fontecarmoa, no que hai tamén dous pavillóns de deporte, un estadio de atletismo, dous campos de fútbol, varias pistas de tenis e unha piscina.
En total, dos 32,4 millóns de euros cos que conta a Secretaría Xeral para ou Deporte no 2021 (un 28,5% máis que no 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que no 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.
Relacionadas:
-
A ampliación da piscina de Fontecarmoa farase en dúas fases ao duplicar o seu custo
Por Redacción |
-
Lete Lasa ve na dupla galaico canaria que forman Patricia Suárez e María Cantero o futuro da vela galega
Por Redacción |
-
Xunta e Concello de Vilagarcía únense para reformar o pavillón de Fontecarmoa
Por Redacción |