A humanización de Carballedo complétase coa estrea das novas beirarrúas
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade inaugurou este xoves as novas beirarrúas da contorna da casa do concello de Carballedo. A obra, financiada cos fondos do Plan Concellos da Deputación, esténdese por un tramo urbano da estrada provincial EP-0401 que una as parroquias cotobadesas de Caroi e Carballedo e tiveron un custo de 31.000 euros.
Para comprobar o estado final dos traballos, visitaron o lugar os deputados provinciais Gregorio Agís e Santos Héctor acompañados polo alcalde Jorge Cubela e varios concelleiros da corporación municipal. A intervención neste tramo duns 200 metros de lonxitude serve para mellorar a seguridade viaria da contorna do Concello, o centro de saúde e varias entidades bancarias que fan de Carballedo o centro neurálxico e administrativo do municipio.
Estas obras serviron tamén para completar a humanización da localidade da Chan realizadas durante no 2019 como froito dun convenio entre ambas as administracións e que supuxeron un investimento próximo aos 520.000 euros.
Lembran desde a Deputación que desde o ano 2015, o ente provincial ha investido neste municipio máis de 8,5 millóns de euros con cargo a distintos programas provinciais que serviron para levar a cabo preto de 40 proxectos, medio centenar de actividades socioculturais e a contratación dun centenar de traballadores. A asignación anual do Plan Concellos que corresponde a Cerdedo-Cotobade neste 2021 é de 963.0326 euros.