Un de cada tres pontevedreses ten un familiar con demencia
Por Oskar Viéitez
Este venres 20 de setembro celébrase o Día Mundial do Alzheimer. Con tal motivo as catro asociacións de familiares de enfermos de alzheimer da provincia acudiron á Deputación para asinar un convenio que destina unha axuda de 70.000 euros para as súas actividades.
Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAVI - Vigo, informou que na provincia de Pontevedra unhas 15.000 persoas padecen unha demencia neuro dexenerativa, "unha doenza que implica a unhas 50.000 persoas".
Segundo os datos ofrecidos por Juan Carlos Rodríguez, "una de cada tres persoas na provincia ten directa ou indirectamente a un familiar cunha demencia".
O alzheimer é unha enfermidade que non ten cura, pero si que ten tratamento. Existen fármacos capaces de mellorar os síntomas cognitivos, conductuales e funcionais e mesmo de estabilizar durante algúns meses a evolución dos síntomas, ademais de certos tratamentos non farmacolóxicos que demostraron a súa utilidade á hora de retardar a evolución da enfermidade. Un diagnóstico temperán tamén permite que se poidan planificar con certa antelación certos aspectos socio-sanitarios asociados á enfermidade, posto que o Alzheimer afecta non só ao enfermo senón a todo o seu ámbito.
Juan Carlos Rodríguez insistiu na necesidade de "sacar o alzheimer das casas para que a sociedade supere o estigma social existente e aprenda a vivir con esta enfermidade".
Pola súa banda, Jose Manuel Fontenla, presidente de AFAPO - Pontevedra axplicó que a día de hoxe o centro de día estreado hai oito meses no Gorgullón xa se encontra ao 95% da súa capacidade "polo que pronto teremos lista de espera".
En total son 30 usuarios que permanecen no centro oito horas ao día para tratar de loitar contra o mal do esquecemento.
Relacionadas:
-
Dez anos de loita contra o esquecemento
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Cada ano detéctanse na provincia 2.000 novos casos de alzhéimer
Por Oskar Viéitez |
-
Carlos Blanco actúa o 20 de setembro no auditorio de Caixanova en apoio aos enfermos de Alzheimer
Por Redacción |
-
E por fin se inaugurou o Centro de Alzheimer
Por Oskar Viéitez |