O inicio da desescalada chega acompañado dun tempo primaveral
O inicio da desescalada en Galicia deste venres 26 de febreiro estará marcado polo bo tempo cun inicio da xornada totalmente diferente aos anteriores días. Este xoves foi o último día de peche total na comunidade autónoma e a fin do mal tempo, deixando así altas presións con ceos despexados e tempo seco en toda a zona das Rías Baixas.
Co cambio meteorolóxico, ao menos durantes os próximos días, e o alivio das restricións prevense desprazamentos durante esta fin de semana dentro dos Concellos da área sanitaria de Pontevedra que pasaron ao segundo nivel, e polo tanto permítese a mobilidade entre eles.
Tamén coa alivio da restricións na hostalería e a volta das terrazas (cunha capacidade do 50%) se veu dende primeira hora da mañá deste venres a persoas gozar do inicio da fin de semana nas rúas, polo que se prevé que a poboación saia a rúa de maneira masiva.
No referido ao tempo desta fin de semana comezará, segundo MeteoGalicia, con ceos un poucos anubrados o venres e maioritariamente despexados o resto dos días, ocasionalmente con nubes e claros. En canto as temperaturas terán unha forte recuperación e serán altas para este período de inverno, con mínimas que se manterán sen cambios entres os 9 e os 10 graos e máximas que descenderán lixeiramente entre os 17 e os 20 graos. No referido ao estado da calidade do aire destes días será variable pero agárdase que mellore.
Este venres as mínimas ascenderán ata os 9 graos e as máximas ata os 19 graos. O tempo comezou na xornada deste venres un pouco anubrado pero irase despexando durante a tarde, deixando estabilidade nos próximos días.
Con respecto á xornada do sábado 27 os ceos estarán despexados dende primeira hora da mañá deixando un día máis típico da primavera. Seguiranse mantendo as mínimas de 9 graos e ascenderán lixeiramente as máximas ata os 20 graos.
Polo que respecta ao domingo 28 as mínimas ascenderán lixeramente ata situarse en 10 graos e as máximas baixarán ata os 17 graos. Os ceos para este día manteranse despexados acabando así o mes de febreiro cun moi bo tempo para esta época do ano.
A vindeira semana co inicio do mes de marzo seguirá mantendose o bo tempo nas Rías Baixas con estabilidade atmosférica e ceos bastante despexados en xeral. A partir do martes 2 de marzo, aínda que as altas presións non desaparecerán, si haberá un maior grao de inestabilidade e irá en aumento a probabilidade de ver nubes e algunha chuvia ocasional durante o resto da semana.
Relacionadas:
-
Fin de semana de paseos, terrazas, praia, baños esporádicos e menos restricións
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Desaloxan a Praza da Verdura durante a tarde deste sábado por incumprimento das medidas sanitarias
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
As novas restricións en Pontevedra: que podo facer a partir deste venres?
Por Alejandro Espiño |