Uns ladróns rouban as mochilas a dous peregrinos e chaman para pedir o rescate
Por Oskar Viéitez
Dous individuos de 44 e 57 anos, veciños de Pontevedra, un deles con antecedentes policiais, foron detidos por axentes da Policía Nacional como presuntos autores dun furto.
Segundo fontes oficiais da Comisaría de Pontevedra, os feitos sucederon o xoves día 19 de setembro cando dúas persoas, peregrinos de paso na cidade, foron vítimas da subtración de dúas mochilas con varios efectos no seu interior, entre outras cousas, ademais de varias pezas de roupa, carteira, cámara de fotos e credenciais de peregrino encontrábase un teléfono móbil ao que o seu propietario chamou e ao que lle respondeu un individuo que acordou devolverlle o teléfono a cambio de diñeiro, para o que concertaron unha cita nas inmediacións da rúa Otero Pedrayo.
Os denunciantes denunciaron o feito en Comisaría e os axentes montaron un dispositivo nas proximidades da estación de tren, con axentes de paisano e vehículos por se tivesen un vehículo próximo para tratar de fuxir.
Unha vez produciuse o contacto entre a vítima e un dos autores da subtracción un dos axentes identificouse como policía e procedeu á identificación deste individuo.
Os axentes preguntáronlle polo resto de efectos que asegurou ter gardados no piso dun amigo, tras contactar con el díxolle: "estou aquí coa policía, pilláronnos, baixa as mochilas".
Os axentes desprazáronse inmediatamente ao domicilio próximo do outro individuo ao que detiveron cando este baixaba ao portal portando as dúas mochilas.
Os denunciantes comprobaron que todas as súas pertenzas se encontraban no interior das mochilas, tras o cal os axentes procederon á detención dos individuos por un delito de furto e ao seu traslado a dependencias policiais.
Tras prestar declaración foron postos a disposición da Autoridade Xudicial.