Falece un home de 89 anos con mobilidade reducida debido ao incendio orixinado nunha manta eléctrica
Por Anxo Lourido
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un home de 89 anos, con mobilidade reducida, falecía durante a noite deste sábado ao sufrir queimaduras orixinadas polo incendio que se provocaba nunha manta eléctrica.
O suceso producíase ao redor das 03.00 horas da madrugada, segundo informa a Policía Local de Pontevedra. A esa hora os servizos de emerxencia do Concello de Pontevedra con dotacións dos Bombeiros do Parque Municipal e efectivos da Policía Local acudían ata o edificio número 19 na rúa Santa Teresa de Jesús Jornet.
Nunha vivenda da primeira planta do inmoble orixinouse lume, segundo as primeiras investigacións, procedente dun curtocircuíto na manta eléctrica que a vítima tiña na súa habitación.
No piso residían tamén a muller do falecido e unha coidadora, que sufriu queimaduras nas mans ao tentar socorrer á vítima. Cando chegou ao lugar a patrulla da Policía Local atopou as dúas residentes abrazadas na rúa en compaña dun veciño que lles prestara auxilio e pola ventá podía observarse a saída de moito fume negro. Tres axentes policiais tentaron acceder ata a habitación en que se atopaba o home para tentar salvalo. Debido á presenza do fume na vivenda tiveron que arrastrarse polo chan ata a estancia pero cando chegaron comprobar a silueta da persoa con mobilidade reducida envolta en lapas, segundo fontes da Policía Local.
Os axentes non puideron acceder ao resto da planta debido á presencia do fume e procederon á rotura de dúas vidrieiras para axudar á ventilación en dous andares do edificio.
A coidadora foi trasladada ao Hospital Montecelo para ser tratada das feridas do mesmo xeito que a muller, que non resultou afectada polo lume pero presentaba s
Os Bombeiros de Pontevedra lograron extinguir as lapas pero non puideron facer nada polo home que xa se atopaba falecido cando chegaron ao inmoble. Non foi necesario desaloxar o resto de vivendas do edificio, segundo a información facilitada polos Bombeiros de Pontevedra. O lume calcinou a habitación e o fume afectou a toda vivenda.