O Concello recibe máis de 100 consultas para as axudas a ordenadores durante a primeira semana
Por Redacción
A Concellaría de Promoción da Cidade xestionada por Anabel Gulías, encargada da xestión do Plan SUPERA, valora "moi positivamente" a acollida das axudas para ordenadores entre os veciños e veciñas de Pontevedra.
Durante a primeira semana en que se puxo en marcha todo o dispositivo de información previo á convocatoria destas axudas, 120 persoas contactaron co Concello para solicitar información sobre estas axudas.
Así mesmo, a concellería dirixida por Anabel Gulías tamén confirmou que se están recibir chamadas noutros departamentos como en Servizos Sociais, e incluso dende outros concellos preguntando se poden optar a estas axudas (non están contabilizadas nas 120), e incluso tamén se puxo en contacto algún organismo de axuda social da cidade interesado en ofrecerlle información os seus usuarios.
Axudas para a adquisición de ordenadores
Esta axuda está pensada para atender a nova modalidade de ensino que se puxo de manifesto coa pandemia e que obrigou aos centros de educación a buscar alternativas para seguir impartindo clases.
O Concello reservou para iso 400.000 euros, que poderían incrementarse no caso de ser necesario.
Para solicitar esta axuda, as familias deben estar empadroadas en Pontevedra, con fillos menores de 18 anos e matriculados no curso 2020-21 en centros públicos do concello. Cada familia poderá recibir un máximo de 400 euros por ordenador comprado e terán en conta o número de membros da unidade familiar e da renta. Bonificarán as as familias monoparentais, as mulleres vítimas de violencia machista e os grandes dependentes.
A axuda poderá pedirse a través do 681 264 835, operativo de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, ou co formulario de información que está cargado na páxina supera.pontevedra.gal.
Por último, o Concello convocará nos vindeiros días á Federación de Nais e Pais de Pontevedra para presentarlle o borrador das axudas e facer as últimas incorporacións para sacar esta convocatoria na segunda quincena do mes de marzo.
Oficina SUPERA e axudas o sector servizos
O departamento de Promoción da Cidade traballa nestes días na habilitación da oficina SUPERA, que estará integrada por un técnico e por dous auxiliares administrativos durante o prazo de 2 anos. Tamén están a traballar na segunda convocatoria das axudas Supera destinada ao sector servizos.
Relacionadas:
-
Simplifican os criterios para acceder ás axudas para ordenadores coa intención de que se beneficien máis familias
Por Redacción |
-
Ata 240 familias interesáronse xa polas axudas municipais para a compra de computadores
Por Redacción |
-
Pontevedra abrirá este mes o prazo das axudas para adquirir ordenadores
Por Redacción |
-
Actívase o teléfono de información do Concello para as axudas a ordenadores
Por Redacción |