Rematan as obras en dous camiños do concello de Portas
Por Redacción
O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, supervisou a finalización das obras realizadas pola Xunta de Galicia, dentro do Plan Marco e que conta con subvencións da Unión Europea, que permitiu realizar unha mellora en profundidade do pavimento en dous camiños situados na Rapeira e Currás cun investimento total de preto de 45.000 euros.
A Xunta destinou a estas actuacións de mellora e acondicionamento de camiños rurais un importe de 37.189 euros que permitirán un mellor acceso ao tráfico rodado e vertebrar dunha mellor maneira a comunicación interior no concello de Portas.
Ricardo Martínez aproveitou a súa estancia para supervisar o resultado final das obras para intercambiar pareceres cos veciños da zona e coa intención se seguir traballando para mellora-los servizos e axeitar os espazos públicos ás necesidades da veciñanza polo que estudiará varias propostas que lle fixeron nese sentido no camiño da Rapeira.
Martínez destacou a importancia destas axudas da Xunta para poder mellorar a accesibilidade en camiños de ámbito rural que dan servizo a explotación agrarias ao mesmo tempo que son unha vía de comunicación esencial para o acceso a vivendas e para permitir un mellor enlace entre os núcleos rurais e a capitalidade do municipio.